miércoles, 22 de diciembre de 2021

Feliz 2022

 




Obradoiro

 O último día de cole do 2021 esperaban festaaaaa.

E así foi, todo comezou  cunha mensaxe da nosa mascota Pepito Unicornio na que nos propoñía convertirnos en trasnos. Para iso, tivemos que superar varios retos: construír un gorro, crear un boneco de neve, atopar as pezas agochadas da árbore, descubrir o código secreto para conseguir abrir unha caixa sorpresa que atopamos pechada con candados, rescatar os cascabeis antes de que o fixera o reno Rodolfo e bailar! Conseguímolo traballando en equipo.

Despois tocou merenda de festa e badaladas no comedor.

Pasámolo xenial!


Desexos

 Os nosos desexos para o novo ano...


Descubrimos a técnica do stop motion que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas... ou como dirían os peques: mover algo e foto, mover outro pouco e foto, mover e foto, mover e foto, así moitas veces! Creo que imos ter que volver repetir porque lles encantou... "isto parece maxia" 

Deixovos unhas fotos do día que gravamos os desexos.

A nosa árbore

Canta ilusión por construír xuntos a árbore!





jueves, 16 de diciembre de 2021

Teatro de sombras

 Nas sesións de estimulación da linguaxe da profe María creamos un teatro de sombras a partir dos debuxos dun dos nosos contos favoritos. Esta semana toucounos a nós contalo, sabedes cal é?











sábado, 4 de diciembre de 2021

Novo aspecto da biblio

 Se aínda non puidestes achegarvos a coñecer o novo aspecto da biblio ollade neste vídeo o contenta que está Daia neste novo espazo!



Día Internacional das persoas con discapacidade

 A través de diversas actividades, organizadas polo equipo do Departamento de Orientación (Emma, María e Conchi) tomamos conciencia das distintas capacidades que poden ter as persoas, deste xeito o alumnado reflexiona sobre as necesidades que podemos ter cada individuo chegando así a entender a importancia de promover dereitos e benestar xeral.

martes, 30 de noviembre de 2021

Novembro: mes da ciencia

 No día de hoxe, xuntámonos todo o ciclo de educación infantil na biblio para sorprendernos e aprender coa ciencia!

Nós repetimos... encántanos o experimento do volcán!






Estamos de estrea!

 Este curso a biblio do cole está de transformación e nós xa empezamos a desfrutar dela.

Un dos nosos lugares favoritos da biblio!

Imos á clínica veterinaria

 Que a Pepito Unicornio lle doe a barriga?

Temos claro a onde levalo!

Graciñas ao veterinario por atendernos e ensinarnos tantas cousas! 

Trazos

"Buah, isto é aínda máis divertido que ir aos recantos"

Todo concentración e risas mentras traballamos o trazo do bucle.



 


20N Día dos dereitos da infancia

 Este ano, para conmemorar o Día dos Dereitos da Infancia no cole creamos unha ponte cos algúns dos dereitos máis importantes, a nós tocounos darlle cor ao dereito da identidade.

Para iso, traballamos por parellas creando nenos e nenas cunha identidade propia e... sabedes que aprendemos? Que existen tantos cores carne coma cores ten a nosa pel.


Outono+mates=diversión

 Que saímos de paseo ao bosque e chegamos cargado de follas e froitos de outono... pois a facer mates con elas!

jueves, 11 de noviembre de 2021

Visita Garda Civil

 No día de hoxe, visitounos a Garda Civil para ofrecer charlas, dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria sobre acoso escolar e adición a videoxogos, enmarcadas dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade en Centros Educativos e os seus entornos.

Aproveitando a ocasión, ofreceron a posibilidade ao alumnado de infantil, de 1º e 2º de educación primaria de coñecer os seus vehículos moi de preto... pasárono xenial.

sábado, 6 de noviembre de 2021

Magosto e campionato de peóns

 Este curso celebramos o magosto, de novo, dentro da aula merendando ricas castañas... e tamén, xogando con elas!

Algúns dos compis animáronse a participar no campionato de peóns do cole, practicaron moito para facelo xenial... parabéns!!

domingo, 31 de octubre de 2021

A mascota da bruxa

 Que ben o pasamos neste Samaín!

Setas

É tempo de outono e medran as setas.

Grazas a moreas ás familias pola vosa colaboración.

Así de chula quedou a nosa exposición.

Ruperta

 O venres, tocoulle o turno a Vanesa que nos contou un conto inventado en familia. Leva por título Ruperta... de seguro coñecedes aos protagonistas!

Graciñas por vir!

Encantounos!







Corre, corre cabaciña

 Neste Samaín, Aitana veu á aula para contarnos un dos nosos contos preferidos: Corre, corre cabaciña.

Canto nos gustou oírte! Mil grazas por vir!!

martes, 26 de octubre de 2021

Ana Meilán

 Primeiro, fíxonos descubrir as “Chaves dos soños” e hoxe, levounos de viaxe! Unha viaxe cargadiña de historias!!

Graciñas Ana, por compartir con nós a túa maleta! Encantounos!


viernes, 22 de octubre de 2021

Creamos

 Creamos en parellas para construír estas casiñas… pouco a pouco, imos tomando conciencia da importancia de ter en conta aos demais na toma de decisións nos traballos en equipo. 


📚Inspirounos a portada dun libro que nos encanta e… a vindeira semana recibiremos no cole a visita da súa autora, sabedes de que conto se trata?



🔎Pista: algo ten que ver cos soños.


Formamos palabras

 Ordenamos as letras que atopamos dentro das caixas para formar a palabra  correspondente.



Esta semana fixémolo en grupo con pipas e froitos de outono. 

viernes, 15 de octubre de 2021

Caracol caracoleiro

 É tempo de outono e con el aparecen os caracois, aproveitamos a ocasión para observalos, realizar o trazo de espiral da súa cuncha e... para aprender unha canción que grabamos na radio, aquí a deixamos para que a desfrutedes, a presentación é totalmente espontánea... xa somos grandes locutores!!

Este é o noso caracol Cornos de Sol

Na radio grabando a canción


Palas é camiño

 


Comezamos unha nova aventura que nos acompañará durante todo o curso 2021/2022. 
Trátase dun Proxecto Documental Integrado do que imos ser partícipes todas e todos os membros da comunidade educativa do cole. Este Proxecto ten por nome "Palas é Camiño", pouco a pouco iredes descubrindo un montón de cousas sobre o mesmo... pero por agora... quen mellor para presentalo que a mascota da nosa Biblio!!! Cóntanos Daia...


 

Compartimos con vós esta canción de Kókiti Música sobre o camiño que aos peques do cole lles encanta... Aprendémola todos?


 

Inventamos problemas

 Hai un problema? Nós temos a solución!

Nestes días iniciámonos na súa resolución inventando historias, despois desmenuzámolas, collemos os elementos necesarios e resolvemos o problema mediante a operación axeitada.


Catro dinosaurios van de paseo, de pronto atópanse cun escorpión. Cantos animais hai en total?



Vocabulario outono

 Seguimos avanzando no recoñecemento de letras e de palabras asociadas á estación, nesta ocasión empregamos o beebot para levalo da imaxe á palabra.

Composteiro

 Durante este curso seguiremos participando no proxecto de Voz Natura e estreamos composteiro, se aínda non sabes en que consiste, non hai problema! Olla este documento e aprenderás todo o que necesitas para poñer en marcha un composteiro.

No cole xa temos un!


 


Grafo

Lanzamos os dados e realizamos o trazo que nos indica o dado fixándonos tamén na cor.