sábado, 31 de octubre de 2020
Mandala de outono
jueves, 29 de octubre de 2020
Monstro come medos
Nestes días onde nos rodean os sustos traballamos a emoción do medo, non é nada doado de xestionalo pero nós tivemos algunha idea... presentámosvos ao noso monstro comemedos, dentro ten os nosos medos para que non saian.
martes, 27 de octubre de 2020
viernes, 23 de octubre de 2020
Deisi
Presentámosvos a Deisi, a nosa mascota de aula!!
Graciñas familias por aportar o material para poder facer este robot!!
jueves, 22 de octubre de 2020
Os nosos nomes
ALMA ADRIAN DIEGO R. BREIXO XURXO
HUGO G. MARINA ROBERTO ALDARA
ALEJANDRA PEDRO ALEX JUANMA IZAN
martes, 20 de octubre de 2020
viernes, 16 de octubre de 2020
Xogar a pensar
Todas as semanas tempos un tempiño para aprender a pensar. Facémolo da man de Juanita, unha xoaniña que, a través dos seus contos e aventuras fainos pensar. Bueno, pensar e observar, escoitar, percibir, imaxinar, dialogar, desenvolver valores, razonar...a través da música, da pintura, de diferentes textos e de xogos.
jueves, 15 de octubre de 2020
O nome propio
Aproveitamos este material para seguir aprendendo e xogando coas letras.
miércoles, 14 de octubre de 2020
Mandalas
Iniciámonos na construción de mandalas! Fixémolas en pequeno grupo empregando os froitos de outono que temos na aula...
viernes, 9 de octubre de 2020
Mates divertidas
Mates divertidas con algo tan sinxelo como bolsiñas de tea, unha con números, outra con figuras e outra con cores... o factor sorpresa de comprobar o elemento que vai saír encántanos! Despois localizamos nas pezas magnéticas o que marca.
viernes, 2 de octubre de 2020
Historias no bosque
Creamos recantos no cole para facer unha das cousas que máis nos gustan...que os nosos compis maiores nos conten un contiño.
Bandexas de xogo
“E agora que fago?” Para os momentos de cambio de actividade ou tempos de espera, empregamos as bandexas de xogo.
Na aula temos cinco equipos, cada un emprega unha bandexa de xogo durante a xornada e ao longo da semana vanse rotando.
Algunhas das propostas son: percepción, orientación espacial, construción, asociación, coordinación, memoria...