miércoles, 23 de diciembre de 2020

Feliz ano!

 

...que chova, que neve ou que vente!

Nós felices!

Feliz 2021!







Obradoiros

Rematamos o ano realizando varios obradoiros nos que o pasamos xenial!

Fixemos postais, adornos para a árbore e axudamos a nosa mascota da biblio a recuperar as súas cores!

Para iso, tivemos que realizar unha serie de probas: chuvia de cores, busca con lupa, baile, experimento, rescatar un conto pechado con chave...Que pensades? Conseguiriamos superar as misións?

Deixámosvos as misións por se vos apetece facelas tamén na casa!

lunes, 21 de diciembre de 2020

miércoles, 9 de diciembre de 2020

O rosa é de nenas?

Velaquí o primerio programa de radio no que participamos todas e todos! Que emoción!

A inspiración chegounos despois da lectura do conto "O neno que non quería ser azul e a nena que non quería ser rosa". Con este pequeno anuncio imos reflexionar sobre un tema tan importante para nós como é o xogo e as cores...o azul é de nenos?


miércoles, 2 de diciembre de 2020

Traballamos as mates dun xeito divertido con esta carreira de escornabot, para avanzar lanzámolo dado e programamos o robot para mover tantas casillas como indica o número.

Cal atrapará primeiro ao dinosaurio?



miércoles, 25 de noviembre de 2020

Programa de radio 25N

 

 

Estreamos a radio do cole!! Emocionante oír as voces nos nosos peques unindo voces en prol da non violencia! 


jueves, 19 de noviembre de 2020

O bosque

 Tiñamos ganas de poñer as botas para ir ao bosque e...non hai dúbida que estes momentos nos encantan!!


martes, 10 de noviembre de 2020

Lóxica



Reto: construír figuras 🔺▪️🟣 

Material: paus e la

Decidimos que material elexir para crear cada figura 🤔💭

Non houbo lugar a dúbidas... así de felices ficamos!

viernes, 6 de noviembre de 2020

miércoles, 4 de noviembre de 2020

Somos robots

 Hoxe, convertémonos en robots e deixamos que os nosos compis nos programen para camiñar.

Con este xogo traballamos conteo, direccionalidade, pensamento lóxico, atención e diversión!



jueves, 29 de octubre de 2020

Monstro come medos

Nestes días onde nos rodean os sustos traballamos a emoción do medo, non é nada doado de xestionalo pero nós tivemos algunha idea... presentámosvos ao noso monstro comemedos, dentro ten os nosos medos para que non saian. 




martes, 27 de octubre de 2020

viernes, 23 de octubre de 2020

Deisi

 Presentámosvos a Deisi, a nosa mascota de aula!!

Graciñas familias por aportar o material para poder facer este robot!! 


jueves, 22 de octubre de 2020

Os nosos nomes

 Escribimos co teclado:

 

ALMA    ADRIAN   DIEGO R.  BREIXO  XURXO

HUGO G.   MARINA   ROBERTO  ALDARA 

ALEJANDRA   PEDRO  ALEX    JUANMA  IZAN

 

 

martes, 20 de octubre de 2020

viernes, 16 de octubre de 2020

Xogar a pensar

Todas as semanas tempos un tempiño para aprender a pensar. Facémolo da man de Juanita, unha xoaniña que, a través dos seus contos e aventuras fainos pensar. Bueno, pensar e observar, escoitar, percibir, imaxinar, dialogar, desenvolver valores, razonar...a través da música, da pintura, de diferentes textos e de xogos.  



jueves, 15 de octubre de 2020

O nome propio

Que gañas tiñamos de xogar co robot!!! No xogo de hoxe programamos  a abelliña para ir da nosa foto ao noso nome.  

Aproveitamos este material para seguir aprendendo e xogando coas letras. 


miércoles, 14 de octubre de 2020

Mandalas

Iniciámonos na construción de mandalas! Fixémolas en pequeno grupo empregando os froitos de outono que temos na aula... 

viernes, 9 de octubre de 2020

Mates divertidas

 Mates divertidas con algo tan sinxelo como bolsiñas de tea, unha con números, outra con figuras e outra con cores... o factor sorpresa de comprobar o elemento que vai saír encántanos!  Despois localizamos nas pezas magnéticas o que marca. 




Seguimos explorando o bosque

 Sen dúbida chegou o outono


viernes, 2 de octubre de 2020

Historias no bosque


Creamos recantos no cole para facer unha das cousas que máis nos gustan...que os nosos compis maiores nos conten un contiño. 

Bandexas de xogo

“E agora que fago?” Para os momentos de cambio de actividade ou tempos de espera, empregamos as bandexas de xogo.

Na aula temos cinco equipos, cada un emprega unha bandexa de xogo durante a xornada e ao longo da semana vanse rotando.

Algunhas das propostas son: percepción, orientación espacial, construción, asociación, coordinación, memoria...

viernes, 18 de septiembre de 2020

Experimento con piñas

  Recollimos unhas piñas no bosque do cole e quixemos saber que lles pasa ao metelas en auga.

 Descubrimos que se cerran para protexer a semente que gardan no seu interior, esto mesmo fano os días de chuvia.  

Encántanos observalas e ver cómo abren e cerran 🍃👀




jueves, 17 de septiembre de 2020

Arrancamos!!

 Que ganas tiñamos de volver a estar xuntos no cole!!!

Comezamos traballando en equipo para construír unha cabana






viernes, 19 de junio de 2020

O inicio

Así comezaba a nosa historia.
Rematamos dun xeito moi distinto peeero...volveremos e encheremos de cor todos os nosos recordos!
Boas vacacións!

Fin de curso 2020

Hoxe, teriamos que estar pasándoo fenomenal no Festival de Fin de Curso.
Pero, aínda que dende lonxe, o profesorado non quixemos deixar pasar o momento de desexarvos unhas boas (e moi merecidas) vacacións. Buscade asento e mirade o vídeo, este raro ano, non nos vai impedir botar unhas risotadas para despedir o curso!

Vémonos á volta!

miércoles, 17 de junio de 2020