Estos son algúns dos xogos que empregamos para comezar a recoñecer o noso nome
viernes, 29 de noviembre de 2019
miércoles, 27 de noviembre de 2019
#asbravasdepalas
Para conmemorar o Dia Internacional contra a violencia de xénero quixemos poñer en valor a forza das mulleres.
O alumnado recolleu as súas ideas e as nais, avoas, mestras, amigas,...do noso entorno póñenlle voz e imaxe.
Non podemos estar máis agradecidos!!
jueves, 14 de noviembre de 2019
Bee-bot
Damos os nosos primeiros pasos na robótica. Con esta abelliña, ademáis de aprender a programar, traballamos moitos aspectos como poden ser a direccionalidade, a memoria, o conteo ou, no xogo de hoxe, os froitos do outono
Programa estimulación da linguaxe oral
Cada xoves, a profe María ven a nosa aula para facer con nós un montón de xogos para traballar a comprensión e producción lingüística
Hoxe pasámolo así de ben!!!
Hoxe pasámolo así de ben!!!
sábado, 9 de noviembre de 2019
Servizo de préstamo da biblioteca escolar
Todos os venres realizarémolo préstamo da biblio para poder levar a casa un conto...gústanos un montón escoitalos!! Esta semana tivemos sorpresa e léronos o conto os nenos e as nenas de quinto!So hai que mirar as nosas caras para ver que nos encantou!!
jueves, 7 de noviembre de 2019
Dado
Todos os días facemos algún xogo manipulativo para traballar distintos contidos. Neste caso, lanzámolo dado dúas veces: a primeira tirada para saber o número de castañas que collemos (1 ou 2) e a segunda indícanos a cor na que temos que colocala.
viernes, 1 de noviembre de 2019
Día das bibliotecas
Neste día, cada nena e neno do cole elaborou unha pluma para completar estas ás. A nós encántannos os contos, ahí vai un que estivemos vendo estes días!
Quen gañará a carreira?
Neste xogo imos sacando ao chou tarxetas de cores dunha caixa, avanza un paso o animal que se atope no camiño desa mesma cor. Cal será o máis rápido?
Como te sintes?
Para poder identificar como nos sentimos é importante recoñecer as nosas emocións, esta vez fixémolo a través do diálogo e de imaxes. E ti, como te sintes?
As cores
Un dos xogos que realizamos para aprender as cores é clasificalos en bandexas, o que despois nos serviu para traballar o conteo e conceptos como "moitos", "poucos"
Con forza!
Cada vez nos gusta facer máis cousas sós. Por iso, traballamos para adquirir máis forza nos nosos dedos. Esta vez tocou rasgar, facer boliñas e abrir tapóns.
Mates otoñais
Nunha das saídas que fixemos ao bosque do cole recollimos follas e froitos do outono que nos serviron para contar, facer correspondencias, contar, clasificar,..as mates están por todos lados!
O Polo Pepe
Este poliño acompañounos os primeiros días de cole! Cantamos, pintamos, pensamos, amasamos e divertímonos con el!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)