O 30 de xaneiro conmemoramos o día da paz no cole (preme aquí para ver un resumo)
O cole encheuse de moreas de pombiñas cunha mensaxe moi clara: PAZ! Nós queremos paz e para conseguilo que mellor que traballar en equipo... porque a paz comeza aquí...aprendendo a escoitar aos demais, respectando opinións, tomando decisións,...
jueves, 31 de enero de 2019
miércoles, 23 de enero de 2019
A paz é...
Despois da lectura do conto "El libro de la paz " saíron unhas reflexións moi interesantes. E para vós, que é a paz?
Mural inverno
Aínda tiñamos na aula o mural do outono sobre o conto de "Xaime e as landras ", hoxe pensamos en aproveitalo para facer o do inverno....eles mesmos se organizaron e decidiron como cambialo. Un fantástico traballo en equipo!!
lunes, 21 de enero de 2019
Palabras sorpresa
Temos unha nova rutina polas mañás. Aquí tedes á encargada de hoxe descubrindo a palabra segreda a partir das iniciais das imaxes. Para construír o xogo fixemos nós os debuxos, estamos encantados co noso abecedario!
Estampamos neve
Encántanos apretar o papel de burbullas e sírvenos para fortalecer a presión nos dedos peeeeero antes de facelo empregámolo para estampar neve.
miércoles, 9 de enero de 2019
Sementar, sementarei
Comezamos o ano cunha noticia xenial, o invernadoiro ten plástico novo...Así que está listo para usar!! Que ganas temos de comezar a traballar na terra, xa temos un montón de ideas do que queremos cultivar.
Fíxonos tanta ilusión que comzamos sementado un pouquiño no recanto da natureza!!
Fíxonos tanta ilusión que comzamos sementado un pouquiño no recanto da natureza!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)