Un resumo do Festival de Nadal
lunes, 24 de diciembre de 2018
Non fai falta a voz
Durante o proxecto de xirafas limos un montón de contos, que nos serviron para traballar outras moitas cousas. O último foi "Non fai falta a voz" que nos deu pé para practicar a expresión corporal, emocións e a amizade
Seguide lendo para ver que outros contos sobre xirafas ou a sabana que temos na aula...
Seguide lendo para ver que outros contos sobre xirafas ou a sabana que temos na aula...
Xoguetes pola igualdade
A semana pasada estivemos "analizando" diferentes catálogos de xoguetes e...non nos gustou nadiña o que atopamos. Os nenos so aparecían nas páxinas de coches, de construción,...e as nenas nas de bonecas, cociña,...
Se fixeramos iso na aula... no recanto da casiña so poderían xogar as nenas e no recanto das construcións os nenos. Pareceunos terrible!
Pois ben, aquí comeza o camiño cara a igualdade e o respecto. Nós xa temos moi claro que cada quen debe xogar ao que máis lle gusta!
Se fixeramos iso na aula... no recanto da casiña so poderían xogar as nenas e no recanto das construcións os nenos. Pareceunos terrible!
Pois ben, aquí comeza o camiño cara a igualdade e o respecto. Nós xa temos moi claro que cada quen debe xogar ao que máis lle gusta!
jueves, 20 de diciembre de 2018
miércoles, 19 de diciembre de 2018
domingo, 16 de diciembre de 2018
A soprar!
miércoles, 12 de diciembre de 2018
Árbore
Aproveitando o maio que fixemos o curso pasado decoramos esta árbore...cada quen fixo o seu adorno libremente aproveitando anacos de papel que nos sobraban de outras actividades...así de creativa nos quedou!!!
lunes, 10 de diciembre de 2018
Pulseiras da amizade
Hoxe volveu Lucas da súa viaxe!!!! Acordouse tanto de nós que trouxo como agasallo unhas pulseiras para colocar na man dereita!
domingo, 9 de diciembre de 2018
Pizarras “máxicas”
Con estas pizarriñas podemos escribir todas as veces que queiramos o noso nome en minúsculas, tamén nos encanta grafiar o dos compis.
Vocabulario proxecto
Comezamos a ler palabras do vocabulario traballado nos proxectos. Con este material asociamos o debuxo á palabra e practicamos a súa grafía.
As xirafas non poden bailar...
Despois da lectura deste conto decidimos cambiarlle o título porque a nós o que nos gusta é que cada quen faga aquelo que o fai feliz!!
sábado, 1 de diciembre de 2018
A xirafa Frida
Como sabedes, este trimestre estamos aprendendo moitas cousas sobre as xirafas e a profe Livia conseguiu fascinarnos coa historia de Frida Kahlo. Como non podía ser doutro xeito, tiñamos que unir estes dous elementos....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)