jueves, 25 de octubre de 2018

Tecendo, tecendo...

...rematamos o noso traballo. Quedounos ben bonito!

Simetría

Aquí nos tedes creando simetrías! Canto nos gusta!

Estimulación da linguaxe

Durante este curso a profe Nuria visítanos todos os xoves para continuar co Programa de Estimulación da Linguaxe Oral. Vainos axudar a favorecer o desenvolvemento da comprensión e produción lingüística, así como a detección e prevención de posibles alteracións lingüísticas.
Hoxe, preparounos uns xogos superdivertidos. Ollade!!

Buscamos a nosa metade

Para decorar a aula quixemos facer unhas follas coas cores do outono peeeeero...algo raro pasou! Os debuxos estaban cortados á METADE! Mais isto non supuxo un problema para nós, pintámolas con témperas, buscamos ao compi que tiña a metade correspondente, pegámolas xuntas e follas listas!




Día das Bibliotecas

O día 24 de outubro conmemoramos o Días das Bibliotecas cunha sesión de contacontos xenial!
Suso, Teresa e Natalia fixéronnos pasar un anaco do máis divertido contándonos as historias dun neno mooooi enfadado e unhas bruxas moi especiais! Graciñas!

domingo, 21 de octubre de 2018

Chispita

Fíxonos agardar moito, peeero por fin chegou!
Xa temos na aula a Chispita, a nosa mascota deste curso.
Atopámola o xoves na clase nunha bolsa misteriosa cunha adiviña...que resolvemos decontado. A partir de agora a encargada ou encargado do día poderá levala de paseo á casa.

Tecemos

Que necesitamos para pasar un bo rato?
Algo tan sinxelo como un tear de cartón e un pouco de la. Gustounos tanto que poderiamos pasar o día tecendo! E sen darnos conta estamos mellorando a nosa concentración e coordinación motriz

Debuxo cooperativo

Este curso seguimos realizando tarefas cooperativas que nos axudan a valorar o noso traballo e o dos compis. Nesta ocasión, fixemos uns debuxos en roda, nos que debuxamos un elemento e pasámoslle, sucesivamente, o folio ao compi da nosa dereita ata que o temos rematado. Deste xeito, todos pintamos no folio de todos.
Mirade que concentración!

Eiruga larpeira

Os primeiros días de cole estivemos facendo o noso propio conto da Eiruga Larpeira,...encántanos!

Conteo

Seguimos xogando coas mates de xeito manipulativo. Esta vez empregamos o dado, contamos e colocamos tantas pezas como indica. Gaña o primeiro boneco que chegue a dez pezas!
Esta actividade tamén nos sirve para traballar a suma e o concepto maior e menor.


Agardando a Chispita

Mentras non chega a nosa nova mascota Chispita decidimos crear unha xirafa para decorar a porta da aula...

O liño

Quixemos saber un pouco máis sobre o LIÑO, así que vimos algún vídeo que nos axudou a coñecer a planta e o proceso de elaboración. Sementamos un pouco na aula...nacerá?
 As familias tamén nos están enviando cousiñas feitas con este fío ou no tear...graciñas!

O tear

Lembrades que Lucas foi investigar sobre o uso do tear...pois ben, hai uns días recibimos noticias súas nunha carta. Cóntanos que isto do tear non é tarefa fácil, estalle a costar un pouquiño pero a súa amiga Maruxa de Albá estalle a axudar e deixounos esta camisa de LIÑO para probar...algúns non se resistiron a probala!