Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o alumnado de 3º de primaria preparou unha obra de teatro adaptando un conto de María Victoria Moreno.
Encantounos velos!!
Preme na imaxe para ver o vídeo
domingo, 27 de mayo de 2018
lunes, 21 de mayo de 2018
O Maio en Vilar de Donas
O pasado día 16 compartimos unha xornada de música e diversión en Vilar de Donas.
Aquí nos tedes axudando a elaborar o maio que, como dí a canción, quedou "fermoso e florido"
Preme aquí para ver un vídeo do día e máis imaxes
Aquí nos tedes axudando a elaborar o maio que, como dí a canción, quedou "fermoso e florido"
Preme aquí para ver un vídeo do día e máis imaxes
Zume de laranxa
E o maio fermoso e florido non só ten flores...tamén pode ter laranxas...que boa oportunidade para facer unha rica merenda, ñam!
Matemáticas con flores
Aproveitamos elementos da paisaxe para facer unha sesión de lóxico-matemática, xa que trouxemos á aula flores para o maio empregámolas para traballar conceptos como: ancho/estreito, as formas, as cores, ordenámolas por tamaños, contámolas...
Investigamos
Vimos nun libro que as plantas precisan auga, sol e aire para medrar, e nós quixemos probar que pasará se lles falta algunha destas cousas..así que puxemos unhas fabas dentro dun armario sen luz, outras sen auga,...agora toca agardar, observar e sacar as nosas propias conclusións...
Descricións
Hai xa uns días visitáronnos as nenas e os nenos dun grupo de 3º para traballar con nós.
Aquí nos tedes, uns debuxando paisaxes e outros describindo.
Aquí nos tedes, uns debuxando paisaxes e outros describindo.
viernes, 11 de mayo de 2018
O maio
Así de fermoso e florido quedou o noso maio. A vindeira semana crearemos un natural, con todo o alumnado do cole e cantaremos xuntos...de momento, nós imos ensaiando
Visita musical
Vaia sorpresa cando chamaron á nosa porta e entraron as nenas e os nenos da aula de 5º cun montón de instrumentos!! Ensináronnos unha canción e deixáronnos tocar.
Escoitade!
Plantas aromáticas
A profe Silvia trouxonos á aula unhas plantiñas que ulian xenial, mmmm!
Tamén puxemos a xerminar unhas pipas, agora tócanos agardar para ver os xirasois!
Tamén puxemos a xerminar unhas pipas, agora tócanos agardar para ver os xirasois!
Alimentación saudable
Durante esta semana, descubrimos que os produtos da nosa horta teñen moitas vitaminas que nos axudan a estar fortes e medrar moooooito. A través dun divertido xogo clasificamos os alimentos sans e os que non o son tanto...
domingo, 6 de mayo de 2018
Proxecto novo
Despois de descubrir unha caixa misteriosa na aula con terra, sementes,...xa sabemos cal vai ser o proxecto que traballaremos este trimestre: a horta
Non nos poidemos resistir e fixemos unha pequena hortiña na que sementamos leitugas, cenorias e pementos...esperamos ter pronto o invernadoiro do cole listo para que as nosas verduras teñan máis espazo para medrar.
Non nos poidemos resistir e fixemos unha pequena hortiña na que sementamos leitugas, cenorias e pementos...esperamos ter pronto o invernadoiro do cole listo para que as nosas verduras teñan máis espazo para medrar.
Pintamos o cole
Dentro do Proxecto de Paisaxe propuxémonos, xunto coas outras aulas participantes, cambiar a o noso cole dándolle cor.
Aquí nos tedes mans na pintura..
Aquí nos tedes mans na pintura..
Libro viaxeiro
O arco da vella, a bruxa e a serea...este foi o título elexido para o noso libro viaxeiro. Nel pasan cousas máxicas e non tan máxicas, en paisaxes que as nosas familias nos axudaron a ilustrar.
De novo, mil grazas pola vosa colaboración...
Aquí tedes o VOSO conto
De novo, mil grazas pola vosa colaboración...
Aquí tedes o VOSO conto
Paisaxes de conto
No pasado mes de abril conmemoramos o Día do Libro, entre outras actividades, quixemos representar as paisaxes dos contos que máis nos gustan. Fixémolo por parellas, elexindo o conto, decidindo quen escribe, quen pinta, como,...unha morea de decisións a tomar...
O resultado: estupendo! Sempre nos encanta compartir o traballo
O resultado: estupendo! Sempre nos encanta compartir o traballo
Como te sintes...
Seguimos traballando as emocións na aula. Esta vez fixémolo a través de imaxes, pero non só as clasificamos, tamén lles demos solución...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)