miércoles, 28 de febrero de 2018
Día de Rosalía
Como cada 24 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Este curso sumámonos á iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega que leva por lema #AbrideAFiestra, que nos convida a pendurar das fiestras do cole un elemento representativo de Rosalía ou da súa obra.
Aquí nos tedes elaborando un retrato do máis colorido!
lunes, 26 de febrero de 2018
Exploramos a paisaxe
Antes de que remate o inverno saimos ao xardín do cole para ver os cambio que se produciron na paisaxe durante esta estación...xa non hai setas, as árbores quedaron sen follas, outras están empezando a medrar e ata vimos algún elemento moi curioso colgado dunha árbore, pero non sabemos o que é...teremos que seguir investigando porque nos ten intrigadísimos, mirade...
Achegámonos tamén ata o invernadoiro, vimos que está moi pouco coidado e sen plantas! Algo teremos que facer ao respecto 😉
Achegámonos tamén ata o invernadoiro, vimos que está moi pouco coidado e sen plantas! Algo teremos que facer ao respecto 😉
domingo, 25 de febrero de 2018
Creamos con figuras
Velaquí estamos concentradíiiisimos, creando formas coas figuras xeométricas. Unha vez tivemos clara a composición pasámola ao papel e escribimos de xeito libre o que debuxamos...cada vez van a aparecendo máis letras nas nosas producións!!
Libro viaxeiro Marcos
A bruxa do noso libro viaxeiro cambiou de paisaxe; deixou o mar para voar ata o bosque. Así de fermosa a fixeron Marcos e a súa familia!
Nacen os primeiros carballos
Recordades cando no mes de outubro sementamos unha landra nunha bota?
Pois os primeiros carballos comezaron a asomar...
Pois os primeiros carballos comezaron a asomar...
Seguimos agardando con paciencia ata que medren os demais, que ganas temos de velos!
lunes, 19 de febrero de 2018
Libro viaxeiro Pablo
Guau!!!....isto foi o que se escoitou na aula cando Pablo nos mostrou o traballo que realizou coa súa familia. Mirade, mirade!
viernes, 16 de febrero de 2018
lunes, 12 de febrero de 2018
Libro viaxeiro Carmen
Un plátano do máis simpático á beira do mar...esta segue a ser a historia do noso libro - viaxeiro, esta páxina fixérona Carmen e a súa famila, bo traballo!
viernes, 2 de febrero de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)