miércoles, 31 de enero de 2018

Día da paz

Como cada 30 de xaneiro conmemoramos o día da paz facendo algunha actividade todo o cole (podedes velas premendo aquí) e tamén na aula.
Entre outras cousas, na aula decoramos o símbolo da paz. Como o fixemos? Mirade o video,...


...e a paz comeza aquí, en saber buscar o noso espazo e respectar o dos demais e en valorar do mesmo xeito o meu coma o dos outros.

Símbolo da paz

A profe Silvia axudounos a facer estes colgantes tan chulos, e nós, como non, felices con eles!

Libro viaxeiro Maya

Está claro que cando algo se fai con entusiasmo o resultado ten que ser bo! E así de bo segue sendo o noso libro viaxeiro, esta vez dende o fogar de Maya.


Ideas previas

Cada vez que comezamos un proxecto novo facemos unha chuvia de ideas en asemblea para recoller as ideas previas. Ter claro o que xa sabemos e o que queremos saber é moi importante para comezar.
Pois ben, esta vez recollimos estas ideas previas de xeito distinto. Dividímonos en pequenos grupos  e escribimos ou debuxamos o que sabiamos sobre o universo, pero isto no acaba aquí...para rematar cada grupo tivo que explicarllo ao resto de compañeiros e compañeiras.

Investigamos

Seguimos aprendendo un montón de cousas sobre o universo, pero como somos moi curiosos e curiosas achegámonos ata a biblioteca para buscar algún libro e ter máis información.
Una vez alí, non nos poidemos resistir e lemos algún dos nosos contos favoritos, canto nos gusta!

Quen será?


Non lle perdades ollo a estes dous bonecos! Estanse preparando para contarnos unha historia moi interesante. Fixémolos en gran grupo, pero como nos parecia que precisaban máis amigos e amigas dividímonos en pequenos grupos e elaboramos outros.
Conseguimos poñernos de acordo nas cores a empregar, que parte do corpo ía facer cada quen....cada vez imos facendo mellor isto de traballar en equipo, e...dialogando acadamos resultados tan fantásticos coma este!

Bonecos de neve

Así de abrigadiños deixamos a estes bonecos de neve!


lunes, 22 de enero de 2018

miércoles, 17 de enero de 2018

3,2,1...

...comezamos novo proxecto!
Hoxe, despois do recreo, atopamos a aula ás escuras, cun sol, o planeta terra e, algo brilaba dentro da caixa dos xoguetes, UNHA ESTRELA!


Letras

Encántanos estampar e se o que estampamos son as letras do noso nome,...podemos facelo sen parar.
Con este material que incorporamos ao "recanto da biblioteca" imos avanzado, dun xeito moi divertido, no proceso de aprendizaxe la lectoescritura.
Aquí nos tedes escribindo o noso nome e dos compañeiros ou palabras que nos resultan interesantes (nesta ocación axudados pola profe)

Libro viaxeiro Noa

As familias seguídesnos a sorprender!
Así ben quedou esta páxina do libro viaxeiro e, tal e como nos contou Noa, ata ten unha cadea de verdade!

Bonecos de neve


Xa que non chega a neve a Palas, non nos resistimos a seguir facendo bonecos...aínda que sexan de papel. Seguide lendo para ver como os fixemos.

Palabras inverno

Na aula, traballamos a lecto-escritura de xeito globalizado, aquí nos tedes empregando as tarxetas de letras para formar palabras relacionadas co inverno. Primeiro en grupos pequenos e, despois, todos xuntos...xa comezamos a recoñecer algún son e letras.


Aínda nada?


Que sorpresa levamos cando vimos algo que asomaba da terra nun dos nosos vasos de sementes. A landa está comezando a medrar, pero...recordades as que metimos dentro dunha bota? pois...aínda nada, non vemos nada. Pero como di este conto que tanto nos gusta: hai que ter paciencia!

martes, 9 de enero de 2018

Neve!

Hoxe cambiamos o papel e o lapis por "neve"...penso que foi un dos días que máis risas escoitei.

Seguide lendo...as súas caras dino todo!

lunes, 8 de enero de 2018

Paciencia

Hoxe, despois de contarnos todo o que fixemos nas vacacións, estivemos pintando por parellas, peroooo...so lles din un pincel por parella: "Non pasa nada, Roci. Podemos compartir o pincel", dixo unha nena. E, así o fixemos!
Así que, ademais de ter que poñernos de acordo sobre o que iamos debuxar, tivemos que saber esperar o noso turno de pincel...co que nos gusta pintar con el.
Este foi un xeito máis de seguir desenvolvendo a nosa paciencia 😉e de chegar a acordos no traballo en equipo 👍

Libro viaxeiro Tania

Coidado! No noso libro-viaxeiro apareceu unha bruxa! Pero tranquilos, esta é unha bruxa boa...así de estupenda a fixeron Tania e a súa familia.

Libro viaxeiro Hugo

Antes das vacacións o noso compañeiro Hugo ficho coa súa familia esta páxina do libro-viaxeiro, quedoulles chulísima!
Fixádevos ben nos detallaes...ata ten uns cangrexos