lunes, 24 de diciembre de 2018

Feliz 2019!



Un resumo do Festival de Nadal

Non fai falta a voz

Durante o proxecto de xirafas limos un montón de contos, que nos serviron para traballar outras moitas cousas. O último foi "Non fai falta a voz" que nos deu pé para practicar a expresión corporal, emocións e a amizade

Seguide lendo para ver que outros contos sobre xirafas ou a sabana que temos na aula...

Xoguetes pola igualdade

A semana pasada estivemos "analizando" diferentes catálogos de xoguetes e...non nos gustou nadiña o que atopamos. Os nenos so aparecían nas páxinas de coches, de construción,...e as nenas nas de bonecas, cociña,...
Se fixeramos iso na aula... no recanto da casiña so poderían xogar as nenas e no recanto das construcións os nenos. Pareceunos terrible!
Pois ben, aquí comeza o camiño cara a igualdade e o respecto. Nós xa temos moi claro que cada quen debe xogar ao que máis lle gusta!

Cumples!

Xa temos todos e todas 5 anos!!

Visitamos O enredo do Abelleiro

Aprendemos un montón sobre o mundo das abellas!

jueves, 20 de diciembre de 2018

domingo, 16 de diciembre de 2018

A soprar!

Esta semana na sesión de estimulación da linguaxe fixemos estes vasiños de neve coa profe Nuria...encantounos! Agora...a soprar!!

miércoles, 12 de diciembre de 2018

Árbore

Aproveitando o maio que fixemos o curso pasado decoramos esta árbore...cada quen fixo o seu adorno libremente aproveitando anacos de papel que nos sobraban de outras actividades...así de creativa nos quedou!!!

lunes, 10 de diciembre de 2018

Pulseiras da amizade

Hoxe volveu Lucas da súa viaxe!!!! Acordouse tanto de nós que trouxo como agasallo unhas pulseiras para colocar na man dereita!  

domingo, 9 de diciembre de 2018

sábado, 1 de diciembre de 2018

A xirafa Frida

Como sabedes, este trimestre estamos aprendendo moitas cousas sobre as xirafas e a profe Livia conseguiu fascinarnos coa historia de Frida Kahlo. Como non podía ser doutro xeito, tiñamos que unir estes dous elementos....

martes, 27 de noviembre de 2018

Grafiando

Para iniciarnos na grafía das letras minúsculas empregamos diferentes  materiais que nos van axudando a interiorizar a dirección do trazo, e a asocialo co fonema.
Aquí nos tedes practicando no encerado dixital  e con estas tarxetas  que nos permiten escribir e borrar mooooitas veces...encántanos.
Hoxe, tamén empregamos as letras de estampar e as tarxetas do abecedario móbil.

Pegadas pola igualdade


martes, 20 de noviembre de 2018

Olélé

De seguro que oistes ás nenas e aos nenos na casa tararear algo así como....OLÉLÉ.
Velaquí o motivo, música africana para o momento de relaxación diario na aula.

Onde viven os animais?

Estes días descubrimos que as xirafas viven na sabana africana. Ademais de ver África no mapa, démonos conta que no mundo hai un montón de lugares distintos e os animais viven no que máis lles gusta. Aquí nos tedes clasificándoos segundo a paisaxe na que se atopan.

Serie con follas

Mirade que material tan sinxelo...unhas follas de outono para clasificar segundo a cor, para realizar series de tamaños e formas!!


Dereita-esquerda

Xa somos conscientes de que temos dous lados no corpo, dereita e esquerda. Pouco a pouco, imos recoñecéndoos, pero este non é un traballo doado.
Algúns dos xogos que fixemos para ir identificándoos foi este: colocar a man ou o pé, dereito ou esquerdo, enriba dun folio de cor que cada quen colocou dun xeito distinto...paracemos acróbatas!


O dado

Lanzámolo dado, contamos e anotamos


jueves, 15 de noviembre de 2018

Seres máxicos

Estes días de outono apareceron unhas setas de conto no cole, gústanos miralas (sen tocar, claro). Sería de tanto mirar que hoxe aconteceu algo incrible...tiñan visita!
Algo temos que ver nisto...seguide lendo para descubrilo

25N

O 25 de novembro conmemórase o Día Contra a Violencia de Xénero. Nós, xa estamos recollendo algunha idea...

Magosto

Ñam, ñam...

domingo, 11 de noviembre de 2018

Así somos por dentro

Continuamos aprendendo cousas sobre as xirafas. Xa sabemos que son rumiantes, que respiran a través de pulmóns e que nacen do ventre da súa nai...para entender mellor todo isto pedímoslles aos nosos compis maiores este boneco...tennos fascinados todo o que temos dentro do corpo!


Na aula tiñamos un montón de animais mamíferos, así que estivemos ordenando, clasificando,...



E máis simetría

Canto nos gusta facer simetrías! Esta vez debuxando e estampando


domingo, 4 de noviembre de 2018

O rombo

O venres, atopamos unha chea de rombos na aula, peeeeero non foi tan doado dar con eles. Para poder saber onde estaban agochados tivemos que resolver unha adiviña por parellas.
Cando xa os tiñamos todos, seguimos o código de cores para poder ordenalos e descubrir un debuxo, mirade, mirade!

Samaín

Milleiros de grazas ás familias pola vosa colaboración!
Así de fermoso lucía o cole estes días de Samaín....uuuuuhhh!




Para ambientar a aula fixemos unhas arañas e uns mouchos que non dan nadiña de medo. Empregamos a mesma técnica: debuxar, recortar e pegar...encántanos!


Deixovos un dos contos que estivemos lendo estes días...