Graciñas a todas as familias pola vosa colaboración, unhas cabazas xeniais! Bravo!
martes, 31 de octubre de 2017
Porta meiga
Para celebrar o Samaín todas as portas do cole se transformaron en algo terrorífico. Como nós estamos aprendendo un montón de cousas sobre as bruxas decidimos decorala con esta personaxe.
Para isto, traballamos en 3 equipos, cada un deles tivo que poñerse de acordo en como a ía decorar e que materiais querían empregar. Así, un equipo encargouse do sombreiro, outro da camisa e outro das medias.
E...abracadabrapatadecabra así quedou a nosa porta!
Algún de vós apota a súas mascota?
Seguide lendo para ver como traballamos.
domingo, 29 de octubre de 2017
Ao son da gaita
O pasado venres a música invadiu a nosa xornada da man de Noelia. A súa gaita, frautas e pandeireta fixéronnos bailar, sorrir, xogar e, sobre todo, pasar un día estupendo ao son de instrumentos tradicionais. E, ademais, sabía tocar todas as nosas cancións preferidas!
Graciñas, Noelia, por vir ata o noso cole! Foi todo un pracer! Quedamos con ganas de máis :)
Previamente a súa visita, na aula debuxamos con acuarela ao son da música do grupo do que forma parte, Milesios. Eramos todo oídos e concentración!
Poción máxica
miércoles, 25 de octubre de 2017
O carballo con botas
A raíz dos incendios da semana pasada limos o conto "O Carballo con botas" de Anxo Moure. Nós, tamén queremos loitar contra o lume e que os bosques se enchan de árbores.
Así que puxémonos mans á terra e sementamos unha landra dentro das nosas botas.
Así que puxémonos mans á terra e sementamos unha landra dentro das nosas botas.
Morcegos
Outros do animais que lles gustan ás meigas son os morcegos...mirade estes que simpáticos nos quedaron
Arañas
Comezamos un novo proxecto sobre as meigas. Unhas das cousas que lles gustaría aprender aos nenos e ás nenas é cales son as súas mascotas. Nunha láminas de adiviñas vimos que poden ter mascotas moi variadas, que tal unha araña para empezar?
Seguide lendo para descubir como as fixeron
Seguide lendo para descubir como as fixeron
domingo, 22 de octubre de 2017
Seguimos traballando a estación do outono. Esta vez, punzamos unhas folliñas de carballo para ambientar a aula, pero...fixádevos nas letras. Decoráronas en parellas...pode parecer doado pero tivéronse que poñer de acordo nos materiais que ían empregar e no que ía facer cada membro do equipo. Imos por bo camiño, comezamos a darnos conta da importancia do diálogo para chegar a acordos
As cores do outono
Ollade que paisaxes de outono tan fermosas crearon os nenos e nenas con témpera, pincel e bastonciños
Sementamos
Que facer con esas sementes que sobran dunha merenda de froitos do outono?
Pois poñelas en terra, un pouco de auga, luz do sol e...agardar ata que medren!
Pois poñelas en terra, un pouco de auga, luz do sol e...agardar ata que medren!
Merenda outono
Que mellor xeito de coñecer os froitos típicos do outono que cunha merenda.
Grazas a colaboración das familias (sodes xeniais!) poidemos degustar un rico manxar.
Grazas a colaboración das familias (sodes xeniais!) poidemos degustar un rico manxar.
Circular
Extra, extra! Imos celebrar unha merenda de outono para coñecer mellor os froitos típicos da estación.
E para isto que precisamos? Pois a axuda das familias.
Aquí tedes a circular que elaborou o alumnado para a ocasión.
E para isto que precisamos? Pois a axuda das familias.
Aquí tedes a circular que elaborou o alumnado para a ocasión.
O libro do noso nome
Durante o mes de setembro estivemos traballando o nome das nenas e dos nenos, o resultado final foi este libro a través do cal todos conseguiron escribir o seu nome, noraboa!
Como vedes, cada un debuxouse na portada, todos os debuxos son distintos, únicos e fantásticos! Cada quen seguindo a súa propia evolución. Están do máis fermoso, non si?
Como vedes, cada un debuxouse na portada, todos os debuxos son distintos, únicos e fantásticos! Cada quen seguindo a súa propia evolución. Están do máis fermoso, non si?
Grafías
Aquí estamos practicando as nosas primeiras grafías e non só as facemos sobre papel senón que tamén debuxamos en bandexas con lentellas. Concentración e diversión asegurada!
Saída outono
Sen saír do cole podemos observar os cambios producidos pola estación. A pesar do pouco que chove este outono atopamos cogomelos e tamén landras, piñas, follas e moitas árbores que estamos empezando a coñecer. Se queredes descubrir para que usamos todos estes elementos da nosa paisaxe seguide lendo...
Na biblioteca
Non nos pode gustar máis visitar a biblioteca do cole!
Aquí nos tedes cun monicreque do noso conto preferido.
Sabedes quen é?
A nosa mascota
Nos primeiros días de cole, creamos a nosa mascota da aula. Para isto, cada nena e neno debuxou o animal que lle gustaría ter como mascota: serpes, peixes, canciños e moitos máis, todos fantásticos. Pero só un podía ser a nosa mascota, así que fixemos unha votación e o debuxo gañador foi o do hámster.
Unha vez elexido tiñamos que poñerlle un nome, de todos os propostos escolleron Lucas.
Velaquí vos presentamos ao hámster LUCAS, a nosa mascota de aula.
Unha vez elexido tiñamos que poñerlle un nome, de todos os propostos escolleron Lucas.
Velaquí vos presentamos ao hámster LUCAS, a nosa mascota de aula.
O primeiro día de cole...
...cando chegamos á aula atopamos unha caixiña misteriosa. Despois de falar sobre todo o que nos aconteceu nas vacacións de verán, abrímola e descubrimos un montón de probas dentro. Cada vez que superabamos unha proba conseguiamos unha tarxeta co noso nome para o percheiro.
Non pensedes que foi tarefa doada, tivemos que pasar un montón de probas en equipo, pero xuntos conseguímolo!!!
Non pensedes que foi tarefa doada, tivemos que pasar un montón de probas en equipo, pero xuntos conseguímolo!!!
Comezamos!
Así de felices estabamos o primero día de cole na aula de 4 anos!
Cantas cousas tiñamos que contarnos despois do verán
Suscribirse a:
Entradas (Atom)