martes, 29 de septiembre de 2026

Pintamos auga

Recibimos unha carta da nosa mascota Tete, onde nos pedía que investigemos sobre aqueles lugares onde hai auga, para poder bañarse.
Xa temos unhas cantas ideas... e para comezar, xuntámonos cos nosos amigos e amigas de 4 anos A para pintar a auga ao son de música. 
Gustaralle a Tete?
 

Tangram

Iniciámonos no uso do tangram, estas primeiras veces sen patróns. Facémolo probando e manipulando!
Cousas fermosas as que creamos! 
 

O outono xa chegou

O primeiro día de outono, saímos ao noso bosque en busca de landras despois de ter lido un contiño e facer algunha actividade sobre este froito. 
Aproveitamos os raiños de sol para merendar neste lugar que tanto nos gusta.
 
 

Os números

 Xogamos cos números para ordenar a serie numérica en gran grupo e por parellas.

Trazo e formas

Estes días, a auga está por todos lados, nos trazos nas formas e ata recreamos o río Ulla para seguir aprendendeo cos bloques lóxicos.
 

viernes, 11 de septiembre de 2026

Estamos de volta!

 Primeiros días de volta ao cole superados!

Cantas ganas tiñamos de vernos!

Comezamos ollando o álbum ilustrado sen palabras “La ola”, a partir de aquí observamos, falamos, inventamos, pensamos, pintamos, xogamos con auga, coas letras da palabra ola, fixemos xogos sensoriais, de sons, cantidades…

Non temos imaxes de todo, pero si dalgunha actividade, as caras de concentración resumen o moito que aprendemos!