
martes, 29 de septiembre de 2026
Pintamos auga

Tangram

O outono xa chegou
Trazo e formas

viernes, 11 de septiembre de 2026
Estamos de volta!
Primeiros días de volta ao cole superados!
Cantas ganas tiñamos de vernos!
Comezamos ollando o álbum ilustrado sen palabras “La ola”, a partir de aquí observamos, falamos, inventamos, pensamos, pintamos, xogamos con auga, coas letras da palabra ola, fixemos xogos sensoriais, de sons, cantidades…
Non temos imaxes de todo, pero si dalgunha actividade, as caras de concentración resumen o moito que aprendemos!
miércoles, 24 de junio de 2026
domingo, 14 de junio de 2026
O facho olímpico
Xogos Olímpicos
Aquí nos tedes participando nos Xogos Olímpicos do cole!!
Á nosa aula tocoulle investigar e preparar natación, pero tamén puidemos practicar moitos outros deportes. Mirade o ben que o pasamos!
sábado, 6 de junio de 2026
Circuíto educación viaria
Durante esta semana, aprendimos normas de tráfico á vez que fixemos moooito deporte nas nosas bicis, patinetes, patíns...
Canto nos gusta o circuíto de educación viaria do cole!
lunes, 1 de junio de 2026
Festa da auga
Na xornada de hoxe, o alumnado de educación infantil pasouno xenial na Festa da Auga!
Nela puideron bañarse, experimentar en mesas sensoriais, pasar pola estación de lavado de bonecas, facer pompas de xabón... e compartir un ratiño cos amigos e amigas.
sábado, 30 de mayo de 2026
Facemos un biscoito
Xunto cos nosos compis da aula de 3 anos A, cociñamos un biscoito con ovos das nosas galiñas e limón do noso limoeiro.
E que… con produtos do cole todo sabe mellor!
Illa de Ons
E por fin chegou o día! Visitiamos a Illa de Ons!
Canta ilusión nun so día: bañámonos, xogamos na area, buscamos teosuros na praia, valoramos, coidamos e reconectamos coa natureza nun ambiente cheo de grandes (e pequenas) vivencias compartidas.
domingo, 24 de mayo de 2026
San Miguel de Coence
Despois dunha andaina, co percorrido adaptado por niveis, chegamos a San Miguel de Coence para celebrar as 1º Olimpíadas rurais do cole de Palas.
Pero non só xogamos, tamén creamos o noso tradicional maio, cantamos e bailamos.
No bosque
P.E.L.O
Nas sesións de PELO (programa de estimulación da linguaxe oral) creamos este recurso para traballar vocabulario e estrutura da frase a través de pictogramas e imaxes familiares. Coñecedes a alguén?
Gracias as profes Lucía e Ylenia por axudarnos a aprender con tanta ilusión!
Limoeiro
Temos varias árbores froiterias no cole, dando un paseo descubrimos que o limoieiro tiña uns limóns enormes e quixamos probalos!
Despois, o noso cociñeiro explicounos que receitas fai con limón.
Aprendemos movéndonos

Letras Galegas
Coñecemos a figura de Begoña Caamaño, homenaxeada este ano no día das Letras Galegas, creando un mural conxunto, velaquí a nosa aportación!
miércoles, 20 de mayo de 2026
Odessa
Participamos no videoclip da canción Odessa, creada polo grupo "Uxía Lambona e a Banda Molona".
No minuto 2:40 e 3:25 veredes ao alumnado de infantil, 1º e 2º bailando!!
Pero que ben o fan!
viernes, 8 de mayo de 2026
Trazo
Sempre que chegamos a un trazo en papel temos realizadas outras actividades previas necesarias… aquí nos tedes dando saltos (coma un pitiño) para despois debuxalo nun soporte amplio e con pincel e, posteriormente trazalo.
Panadería Irene
Vistamos a panadería Irene e descubrimos como traballan á vez que aprendimos os ingredientes para facer unhas madalenas e pizzas… estaba todo riquísimo!
Xa temos máis ideas para cociñar os ovos das nosas galiñas!
sábado, 2 de mayo de 2026
Día contra o acoso
2 de maio, día contra o acoso escolar!
Elaboramos xunto con todo o alumnado do cole este mural, para reflexionar sobre o acoso, porque tratarnos ben é cousa do día a día.
Pita choca
Unha das galiñas do cole está choca, imos visitala agardando que pronto nazcan os pitiños! Canto faltará?
Series
Facemos series de dous elementos por parellas e despois… construimos libremente, unha actividade que nos encanta e que nos axuda a potenciar a motricidade fina, a coordinación viso espacial, o razoamento lóxico matemático e a planificación de tarefas, entre outras cousas.
jueves, 23 de abril de 2026
Conto olimpiadas
Maite, nai do noso amigo Hugo, leunos un conto sobre As Olimpiadas, onde vimos o importante que é entrenar e a amizade!
Mil gracias por vir!!
miércoles, 22 de abril de 2026
The colour monster
Hoxe, foi o turno de María, nai da nosa compi Vera P., que nos leu o conto “The colour monster”
Encantounos terte con nós, graciñas!
martes, 21 de abril de 2026
Conto ra
Visitounos a madriña da nosa compi Naiara para contarnos a historia dunha ra a que lle encantaba saltaaaar!
Mil gracias por vir!
Semana do libro
Comenzamos a semana do libro contando una contiños na Escola Infantil, xunto dos nosos compis de 3 anos A.
Graciñas por recibirnos tan ben e escoitarnos con tanta atención! Encantounos visitarvos!
domingo, 29 de marzo de 2026
sábado, 21 de marzo de 2026
domingo, 8 de marzo de 2026
8 de marzo
Este 8 de marzo adicámosllo ás mulleres deportistas, para seguir profundizando no PDI de centro.
O alumnado de cada aula, escolleu unha deportista, investigou sobre ela e cubriu unha ficha para expoñer ao carón da súa porta.
Na nosa aula, escollemos á nadadora Mireia Belmonte.
Realizamos tamén un acto conxunto con membros do Concello e co alumnado do IES, que leron un manifesto en prol da igualdade real no día a día.
domingo, 1 de marzo de 2026
Día de Rosalía

lunes, 16 de febrero de 2026
jueves, 12 de febrero de 2026
Os mandatos do meco
Así de deportistas rematamos a semana cos madatos do meco.
Moitas gracias a todas as familias pola vosa colaboración!
Confeti
Que ben o pasamos cos nosos compis da aula de 3 anos A, hoxe cunha actividade sensorial vencellada co entroido. Arriba confetiiiii































