Seguimos empregando o conto como punto de inicio para as nosas actividades.
Nesta ocasión, a partir de "A mellor sopa do mundo" ademais de traballar valores, o inverno e introducir o noso próximo proxecto sobre os bosques, realizamos unha sesión de lóxico matemática.
Para isto, recreamos a recollida de alimentos e clasificámolos en función da cantidade, se collemos un botámolo na sopa, se collemos dous na caixa para o postre. Tamén xogamos con regletas, policubos e fichas translúcidas para ir afianzando números e cantidades.
Un xeito vivencial e manipulativo de aprender matemáticas.






