domingo, 8 de marzo de 2026

Galiñas

 Esta semana tocounos coidar das galiñas!

Canto nos gusta! 

 

Xogamos

 Seguimos xogando e aprendendo!

8 de marzo

 Este 8 de marzo adicámosllo ás mulleres deportistas, para seguir profundizando no PDI de centro.

O alumnado de cada aula, escolleu unha deportista, investigou sobre ela e cubriu unha ficha para expoñer ao carón da súa porta. 

Na nosa aula, escollemos á nadadora Mireia Belmonte.

 

Realizamos tamén un acto conxunto con membros do Concello e co alumnado do IES, que leron un manifesto en prol da igualdade real no día a día. 

 


 

 

domingo, 1 de marzo de 2026

Día de Rosalía

Conmemoramos o día de Rosalía decorando a súa figura cun poema, para colocala no corredor do cole cos traballos das demais aulas.

Despois, gravámolo na radio xunto aos nosos compis da outra aula de 4º de educación infantil.  

lunes, 16 de febrero de 2026

Entroido

Que ben o pasamos neste entroido!
Despois de merendar un chocolate con churros estabamos preparados para desfilar e bailar!
Representando a mascota dos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, convertímos en Febo, Atenea e Proteas.
 
 

Máscaras

Creamos máscaras de mouchos e raposos para seguir coñecendo os animais do bosque.
 

jueves, 12 de febrero de 2026

Os mandatos do meco

 Así de deportistas rematamos a semana cos madatos do meco.

Moitas gracias a todas as familias pola vosa colaboración!

Confeti

 Que ben o pasamos cos nosos compis da aula de 3 anos A, hoxe cunha actividade sensorial vencellada co entroido. Arriba confetiiiii

Xogamos con máscaras

Neste entroido as máscaras non só nos serven para disfrazarnos, tamén as empregamos para traballar os atritos  de tamaño e cor e as morticidade fina.
 

Disfraces

Temos os disfraces listos para o desfile!
 

domingo, 1 de febrero de 2026

PAZ

Dentro do PDI de centro sobre os "Xogos Olímpicos", traballamos valores do deporte para conmemorar o día da paz, plasmando o resultado nas portas das aulas. 

 

 


O 30 de xaneiro, día escolar da non violencia e da paz, xuntámonos para encher o patio do cole coas letras DÍA DA PAZ e o seu símbolo.

Todo o alumnado e profesorado cantamos "Coas miñas mans", música para seguir reflexionando sobre o valor e o significado da palabra PAZ.



 

 

 

Letra A

 Xa comezamos a grafiar as primeira a letras, para iso é moi importante coñecer a súa dirección, estes días iniciámonos ao trazo da letra A, para iso construímola primeiro con plastilina.

 

viernes, 23 de enero de 2026

A mellor sopa do mundo

Seguimos empregando o conto como punto de  inicio para as nosas actividades.

Nesta ocasión, a partir de "A mellor sopa do mundo" ademais de traballar valores, o inverno e introducir o noso próximo proxecto sobre os bosques, realizamos unha sesión de lóxico matemática.

Para isto, recreamos a recollida de alimentos e clasificámolos en función da cantidade,  se collemos un botámolo na sopa, se collemos dous na caixa para o postre. Tamén xogamos con regletas, policubos e fichas translúcidas para ir afianzando números e cantidades. 

Un xeito vivencial e manipulativo de aprender matemáticas.


Avea Moura

Seguindo co proxecto de I+D+i impulsado polo CSIC, dende o noso cole, imos colaborar na recuperación dun cereal milenario que naceu en Galicia.

A avea moura galega destaca pola súa resistencia, polos seus beneficios para a saúde e polo seu potencial na creación de produtos innovadores, vencellados á alta cociña, panadería e cosmética.

Plantámola na aula para poder observar de preto o seu crecemento e darlle os coidados necesarios e tamén na horta do cole e quen sabe se, unha vez medre, teremos algunha sorpresa.

viernes, 16 de enero de 2026

O nome

Seguimos xogando co noso nome!
Introducimos unha rutina diaria na que traballamos a conciencia fonolóxica. O encargado ou encargada abre o caixón do moble das letras coa súa inicial e saca obxectos que soan igual, fixámonos moi ben no articulema para colocar a boca ao pronunciar e dicimos o que atopamos.
Encántanos descubrir que hai dentro.
 

 

Regletas

Iniciámonos no uso de regletas manipulando libremente, clasificándoas segundo a cor, ordeándoas por tamaño e asociándoas xa aos números que coñecemos.
 


 

Deportes olímpicos

Continuamos mergullándonos no PDI de centro!
Creamos co tangram varias figuras de deportistas e decorámolas coas cores dos aros olímpicos. 
Canto aprendemos con este proxecto: deportes, formas, cores, orientación espacial...
 

Neve

 Comezamos o ano co lendo o conto "O ladrón de neve" que nos motivou para facer un montón de cousiñas:

-Coñecer vocabulario relacionado co inverno e as características desta estación.
-Iniciarnos no manexo de tesoiras recortarndo anacos de papel para facer copos.
-Contar copos e clasificalos segundo o seu tamaño
-Estapar as letras da palabra NEVE.