lunes, 22 de diciembre de 2025

Feliz 2026

Fin de ano

 Despedimos o 2025 con diferentes obradoiros, chocolate con churros, badaladas e ata un brindis todos xuntos.

Xogos compartidos

Canto nos gusta pasar tempo cos nosos compis de 4º de infantil A.
Nesta ocacións para compoñer, experimentar, manipular, crear, xogar... coa temática do nadal. 
 

Sorpresa

Creamos unhas postais moi especiais para agasallar aos nosos profes!
Canto nos axudan e nos ensinan!

 

A nosa árbore

 Creamos adornos con pasta de modelar para adornaar a nosa árbore!

Proteas

 Coñecemos a Proteas, mascota dos Xogos Paralímpicos de Atenas 2004.

Lalín

 Visitamos as "Aldeas de Nadal de Lalín", foi unha xornada moi, moi divertida. Ollade!


 

Apalpador

Nestes días, apareceu no cole unha nena que buscaba a casa da súa tía Mariña, o alumnado de infantil quixémola axudar e vaia sorpresa... atopamos na biblio do cole unha casa. E sabedes de quen era? Do Apalpador!

Cantounos, recolleu as nosas cartas e ata nos deu un agasallo feito con madeira.

Sería todo un soño?

Preme aquí para ver máis imaxes

Arqueixal

 Dentro do programa “Da escola á granxa” visitamos Arquixal, encantounos facer o noso propio queixo! 


Podedes ver máis imaxes da xornada premendo aquí.

Tortilla

 Xuntámonos cos nosos amigos e amigas da outra aula de tres anos para facer unhas ricas tortillas para a hora da merenda! Ñam!! 

Cumples1º trimestre

 Parabéns a todos os peques que cumpliron neste primeiro trimestre. Celebrámolo con moooita festa! 

Podes ver máis imaxes dende aquí. 


Os cinco sentidos

 Dentro do Proxecto do Corpo, exploramos os cinco sentidos!

viernes, 5 de diciembre de 2025

Capacidades diversas

 Adicamos esta semana a coñecer e poñer en valor as diversas capacidades.

Ademais de ler algún conto e reflexionar na aula sobre o tema, participamos nas actividades de centro que nos serviron para experimentar, coñecer, sentir, respectar... 

 

Día da ciencia

Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares.
Nós, compartímolo cos nosos compis da aula de 3 anos A, explicándolles aos maiores como facer unha ola con auga, perfume e unha vela!
 


 

Patinador

Creamos este patinador sobre xeo para colocar nun lugar moi especial do noso cole...
Moi pronto descubriredes onde se atopa!
 
 

Galiñas

A semana pasada tocounos coidar as galiñas, aínda que non poden saír do seu galiñeiro encantounos visitalas para recoller os ovos!