viernes, 26 de septiembre de 2025

Parque

 Que ben o pasamos no parque do cole cos nosos amigos e amigas!

 

Emocións

Xogamos a recoñecer as expresións faciais das nosas emocións: contento ou triste? 

Que nos fai sentir así?


 

 

No bosque

 Lemos o conto "Xaime e as landras" e saímos ao bosque do cole a buscar este froito de outono.

Atopamos un montón!




 

Trasvases

 Canto nos gustan os travases e que importantes son para seguir gañando coordinación e destrezas nas nosas mans, todo encamiñado a unha maior autonomía.

Mirade que concentración!

Recollendo

Clasificando (pratos, vasos, comida, cubertos...) para manter a orde.

Fixémolo xenial! 


 

Concerto

 Asistimos ao noso primeiro concerto na Casa da Cultura.

Encantounos escoitar á Banda de Música de Antas de Ulla.

Mascota

 Creamos en grupo a nosa mascota de aula. 

Para iso, tivemos que decidir entre todas e todos cal ía ser o animal que queriamos a través dunha chuvia de ideas a posterior votación. 

O gañador? 

Un peixe.

Debuxámolo en equipo e consensuamos chamalo Tete.

O primeiro día de outono, deixounos unha sorpresiña!

 

O Polo Pepe

 Un poliño chamado Pepe, que de seguro xa coñecedes na casa, estanos axudando neste comenzo de curso a aprender un montón de conceptos, a manipular, a aprender cancións, a crear chapas...

As cores, conceptos (moitos/poucos; grande/pequeno) o círculo, trazos, uso de diferentes utensilios e materiais como o pegamento, o punzón, e moitas cousas máis coas que comezamos a explorar!

Os primeiros días

 Así, nos pasaron os primeiros días de cole... con moito xogo!

Benvidos peques!

Comeza a aventura!