lunes, 22 de diciembre de 2025
Fin de ano
Despedimos o 2025 con diferentes obradoiros, chocolate con churros, badaladas e ata un brindis todos xuntos.
Xogos compartidos
Sorpresa

Apalpador
Nestes días, apareceu no cole unha nena que buscaba a casa da súa tía Mariña, o alumnado de infantil quixémola axudar e vaia sorpresa... atopamos na biblio do cole unha casa. E sabedes de quen era? Do Apalpador!
Cantounos, recolleu as nosas cartas e ata nos deu un agasallo feito con madeira.
Sería todo un soño?
Arqueixal
Dentro do programa “Da escola á granxa” visitamos Arquixal, encantounos facer o noso propio queixo!
Podedes ver máis imaxes da xornada premendo aquí.
Tortilla
Xuntámonos cos nosos amigos e amigas da outra aula de tres anos para facer unhas ricas tortillas para a hora da merenda! Ñam!!
Cumples1º trimestre
Parabéns a todos os peques que cumpliron neste primeiro trimestre. Celebrámolo con moooita festa!
Podes ver máis imaxes dende aquí.
viernes, 5 de diciembre de 2025
Capacidades diversas
Adicamos esta semana a coñecer e poñer en valor as diversas capacidades.
Ademais de ler algún conto e reflexionar na aula sobre o tema, participamos nas actividades de centro que nos serviron para experimentar, coñecer, sentir, respectar...
Día da ciencia

Patinador

Galiñas

martes, 25 de noviembre de 2025
25N
Conmemoramos o 25 de novembro!
📖 Lendo contos como: Artur e Clementina ou Orellas de Bolboreta.
✋🏽 Construíndo a palabra NON, xunto coas mans de todo o alumnado do cole, para deixar claro que non queremos violencia.
🎬 Vendo cos nosos compis de infantil Daniela Pirata.
🎶 Cantando Mulleres Pirata de Catuxa Salom, que veu cantar con nós ao cole.
💟 Creando un cartel contra a violencia
💭 Reflexionando moito e poñéndonos no lugar das demais.
jueves, 20 de noviembre de 2025
Día da infancia

Caras cooperativas

Limpar

Percepción

Luz negra

Conciencia fonolóxica
Comezamos a descubrir os primeiros sons, pois o primeiro paso para coñecer as letras é discriminar o seu son. Nesta ocasión facémolo a partir dos articulemas.
Rutinas
viernes, 7 de noviembre de 2025
miércoles, 5 de noviembre de 2025
Crocodilo
Un dos primeiros contiños que vimos no cole foi "Crocodilo" da editorial Kalandraka. É un conto cantado e, hoxe, fixémolo así de ben na radio do cole. Escoitade!
viernes, 31 de octubre de 2025
Samaín 2025
Así de feitiños chegamos ao cole neste Samaín!
Familias, gracias a moreas pola vosa colaboración sempre!
Contacontos Samaín
Neste Samaín bailamos, cantamos e contamos!
Na nosa aula preparamos o conto "Monstruosa Sorpresa" e contámosllo aos nenos e ás nenas de 5º de primaria, eles tamén nos contaron historias inventadas por eles mesmos, encantáronnos! Ademais, déronnos unha sorpresa moi doce!
Experimento de Samaín
A profe Yovania, trouxonos esta semana un experimento moi máxico para o Samaín!
Dentro duns vasiños en forma de monstro metemos vinagre e bicarbonato e… como medra!
sábado, 25 de octubre de 2025
Inauguración dos Xogos Olímpicos
Quedan inaugurados os Xogos Olímpicos do cole de Palas baixo o lema:
"O noso podio: igualdade, respecto e diversión"
Un representante de cada curso portou o facho ata a pira para dar comezo ao desfile das distintas sedes olímpicas, os máis peques representamos a Atenas
Podedes ver dende aquí máis imaxes.
Neste acto, déronse a coñecer as mascotas olímpicas destes xogos: a vaca Galleira e a queixiña Ulloiña.
Parabéns aos gañadores do concurso e a todos os participantes! Mil gracias pola vosa colaboración!
Podedes escoitar o seu himno dende aquí.
Estacións aprendizaxe
Nestes días de Samaín, aproveitamos para centrar as estacións de aprendizaxe en:
-Mesa sensorial, na que facemos trasvases con distintos útiles que van forzalecer as nosas mans e mellorar a coordinación óculo manual.
-Creación de composicións libres empregando a pinza, adquirimos forza e precisión para un mellor agarre.
-Vocabulario coa nosa profe Luci (especialista en audición e linguaxe)
Para estas estacións de aprendizaxe dividímonos en tres grupos e rotamos de estación ao longo da sesión.
viernes, 17 de octubre de 2025
O outono

Preparando o Samaín

martes, 14 de octubre de 2025
Robot

Cooperamos
Primeiros retos cooperativos: contruímos estradas.
Para isto, temos que escoitas aos compañeiros, tomar decisións, respectar o turno, compartir, chegar a acordos... fixémolo xenial!



































