lunes, 23 de septiembre de 2024

Outono

 Onte comezou o outono…  e como non podía ser doutro xeito, tocou visita ao bosque. 
Aproveitamos para ler un conto sobre a estación, observar cores, recoller follas, facer series, estampar con témpera…





“Ponte en mi lugar”


 Con este conto estamos traballando a importancia de poñerse no lugar dos demais, o valor da amizade e canto nos gusta que sexan amables con nós e nos traten ben!


Seres mitolóxicos e fantásticos

 Durante este trimestre, aprenderemos un montón de cousas sobre seres mitolóxicos e fantásticos.

Para descubrir cal sería o primeiro, fixemos un debuxo cooperativo, no que foron pasándolle o folio ao compi do lado, de modo que cada un debuxou unha consigna das que ía mencionando a profe. Ao final, resultaron uns debuxos de unicornios no que participaron todos e todas. 




Mascota do curso

 En parellas debuxamos (a través de diálogo e chegando a acordos) o que nos gustaría ter como mascota durante este curso.

Por votación, o elexido foi “conexo”… pero qué difícil quedarse soamente con un. Mirade que debuxos tan marabillosos! 



Percheiros

 Inspirados na lectura desde conto tan chulo, fixemos uns percheiros cheos de arcos da vella.





domingo, 22 de septiembre de 2024

Xogando cos números

Os primeiros días de cole aproveitámolos para facer unha avaliación inicial… como por exemplo, asociando números a cantidade cun xogo grupal.

Comeza a viaxe!

Un novo curso, unha nova andaina!

Dámoslle a benvida a 6º de educación infantil descubrindo o proxecto de centro, cun programa de radio.