viernes, 14 de junio de 2024

Auga máxica

 Despois de facer unhas cantas investigacións no comedor e cociña do cole, e axudados polas cociñeiras descubrimos os estados da auga. Reflexamos o aprendido  na radio recitando o poema "Auga Máxica" de Carlos Fontes, recollida no libro Versos en Flor.

Agardamos que vos guste!


Cumples 3º trimestre

 Que ben o pasamos nos cumples!

Parabéns!


Circuíto educación viaria

 Semana sobre rodas aprendendo educación viaria no circuíto do cole.

Gracias a todas as familias pola colaboración! 


sábado, 8 de junio de 2024

As cores do mel

 Detrás de cada traballo impreso que realizamos hai mooooito traballo. 

Nesta páxina do noso “Mini libro das abellas” houbo:

-Xeración de hipótesis a nivel oral sobre: por que o mel ten tantas cores?

-Investigación: buscamos  nos nosos libros algunha páxina onde veñan moooitos tarros de mel para sacar conclusións.

-Exploración: visitamos a nosa contorna para atopar as plantas que aparecen no “mini libro” e ulimos, observamos, comparamos, describimos, aprendemos sobre a flora…

-Experimentación: facemos un experimento cunha das plantas atopadas, porque xurdiu a dúbida na saída á contorna. 




-Discirminamos cores.

-Profundizamos na escritura ao completar o nome das plantas.

-Degustamos (e desfrutamos) saboreando rico mel!








Imos á praia

 No terceiro trimestre traballos a auga como elemento natural, dentro do PDI "Capitán Planteta". 

Que mellor xeito de coñecer este elemento que viaxando ata a praia do Pedrido para pasar unha xornada divertidísima cargada de ilusión e risas.

Con actividades programadas por "Onda do Pedrido" como: xogos na area, ioga e mooooito baño.

Un deses días para non esquecer!

Podedes ver máis imaxes premendo aquí. 



Recanto abellas

 Contos, libros informativos, bonecos, utensilios… todo nos axuda a seguir descubrindo cousas sobre as abellas. 


Aquí nos tedes probando o traxe do apicultor.

As nosas abellas

 Mil gracias familias por axudarnos a crear estas abellas tan fantásticas!